Wednesday 15 de May de 2024

O Concello premia aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas


Os 12 veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas municipais durante o 2022 serán premiados polo Concello. O vindeiro mércores, ás 18 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, celebrarase un acto público que ademais da entrega dos galardóns contará cun espectáculo de maxia.

En función das idades creáronse 4 categorías, distinguíndose aos 3 usuarios con máis libros lidos en cada franxa de idade. O premio consistirá na entrega dun vale para adquirir por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de entre 50, 75 e 100 euros, en función da posición.

O acto, de acceso libre e gratuíto, contará coa actuación do mago Pedro Bugarín e o seu espectáculo Nova maxia para tod@s.